FEBREIRO 2024

 
A por un Entroido sostible!!!


Fixemos un obradoiro sobre o consumo responsable e sostible no tempo de Entroido.

E xa temos presentados os nosos traballos para o Concurso ONCE.

Sorte!!!


Gústanos moito agasallar. Forma parte de bo trato e a convivencia agarimosa que queremos para todos. Por iso, non perdemos ocasión de ter sempre un pequeño detalle para as persoas que nos visitan.
 Desta vez, conta Dely. Grazas, profe Dely, por regalarnos o teu tempo.
A sustentabilidade aséntase en conservar as cousas. Conservar o entorno, mais tamén a diversidade das culturas e a tradición.
Alá foron os nenos e nenas do 1ºCiclo, andando ata o Marco de S.Lourenzo, para coñecer o seu estado de conservación, a súa historia, as lendas e rituais e a flora da súa contorna.

ONDA ODS. Empeza por ti.

Participamos nun programa de radio en directo con Radio Fene. Foi emitido dende a antiga escola de Limodre. Contamos algunhas das cousas que facemos para conseguir que se cumplan os ODS.
Primeiro gravamos na nosa radio algúns retos que lanzamos á cidadanía.
Se nós podemos, se nós somos quen de facelo, os demáis tamén. 
So hai que querer e esforzarse por facelo.






XANEIRO 2024

 

POR UNHA PAZ DURADEIRA

Cantos avións pola paz fixemos!!!
Foi moi divertido.


E seguimos coas nosas profes voluntarias! Grazas, profe Lorena!


E coas mamás tamén! Grazas, familias!


Un ano máis, da man da Asociación Betula, fumos limpar o noso río, o río de Va.




COMPARTIR. A lectura en familia é unha forma excelente de compartir tempo de calidade.
Encántannos as Mochilas Viaxeiras que Mica Bigotes prepara para nós.

Un ano máis, participamps no Concurso escolar da ONCE. Hai que seguir traballando para conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade.


O cambio climático está a provocar catástrofes naturais moi perigosas. Nós vivimos nunha zona de especial risco de inundación.

Empezamos ben o ano 2024:

cunha exposición de libros relacionados cos ODS.

E xa chegaron os Pasaportes Solidarios!