OUTUBRO 2023

 


A educación é a principal forza transformadora.
Educar é dar oportunidades.
Nós defendemos a educación de calidade para tod@s.

Os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible son os obxectivos que imos perseguir.



O venres, 6 de outubro, limpamos a ribeira de Maniños. A convocatoria foi de ADEGA, coa colaboración da Asociación Etnográfica AETNA.


Xa empezamos os obradoiros de Igualdade da ANPA. Ven Raquel, de AtaliAS.


Que sorte temos! Non so temos as profes como voluntarias de lectura, senón que tamén veñen as mamás. Grazas, familias!


Nós aprendemos a traballar en equipo, sen atender ás diferenzas. A diferenza enriquece, a diversidade aporta.
Aprender uns cos outros, compartir, axudarnos, acompañarnos e coidarnos, gústanos un montón.
GLOBAL HUMANITARIA




Viñeron recoller a nosa primeira aportación deste ano.


VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA

Xa temos grupo de voluntariado! Todas nenas! Bravo por elas!!!


Nós tamén contamos!
Quen? As profes!!!